Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sueiro
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
De orixe controvertida, tense posto en relación co latín sus ‘porco’ e co vasco otso. Pero a súa extraordinaria difusión na Alta Idade Media fai pensar nun antigo nome prerromano. É un dos nomes que perduraron nos séculos escuros da onomástica reducidos a apelidos, como Bernal, Duarte, Guillén, Lois, Oxea, Xiao e outros. Sueiro aparece como apelido en 2169 casos. Con este nome está emparentado o apelido Suárez.
Motivación
Sueiro foi un nome moi común na Galicia medieval, especialmente entre a nobreza: abonde con amentar a Sueiro Gómez de Soutomaior, fillo de Paio, que testou en Vilanova en 1485 e que está enterrado en San Domingos de Pontevedra, onde se conserva a súa tumba pétrea cuberta coa súa escultura xacente.
Don Suero de Quiñones (século XV) foi un cabaleiro leonés que se fixo famoso por manter en 1434 un desafío nunha ponte do río Órbigo (o “Paso honroso”) contra calquera outro cabaleiro que se atrevese a cruzalo. O episodio satirizouno Cervantes no Quixote.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Suer | |
Español | Suero | |
Portugués | Soeiro |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]