Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tatiana
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Nome de introdución recente a través da literatura rusa pero que procede do latín Tatiana, feminino de Tatianus, derivado de Tatius e, polo tanto, de orixe sabina, posiblemente relacionado con formas infantís de chamar papá.
Motivación
Este nome chegou a Occidente, nas súas formas Tatiana e Tania, por influxo da novela en verso Yevgeny Onegin (‘Uxío Oneguin’), 1823-1830, do escritor ruso Alexander Pushkin —que musicou Chaikovski—, en que Tatiana é a protagonista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Tatiana | |
Español | Tatiana | |
Francés | Tatiana | |
Inglés | Tatiana | |
Italiano | Tatiana | |
Romanés | Tatiana | |
Ruso | Tatiana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]