Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Telesforo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Thelesfóros 'que alcanza o fin', 'que leva a cabo'. Como epíteto de Zeus tamén significou 'eficaz', 'decisivo'.
Motivación
San Telesforo, de orixe grega, foi un dos primeiros papas (125-136) e o único con este nome de toda a historia. Foi martirizado en tempos do emperador Hadriano. Disque compuxo o Gloria da misa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Telesfor | |
Español | Telesforo | |
Éuscaro | Telesforo | |
Francés | Télesphore | |
Italiano | Telesforo | |
Portugués | Telésforo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Telesforo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]