Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tiso
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Tirso
Etimoloxía e historia
Do latín Thyrsus, do grego Thýrsos; este era o emblema de Dionisio, que consistía nunha vara adornada con follas de parra coa figura do deus como un cetro e que se usaba nas bacanais cun carácter máxico-relixioso. Amais de ser antropónimo, forma parte dun apelido e dun topónimo: Santiso.
Motivación
San Tiso (século III) foi mártir con outros compañeiros en Apolonia de Bitinia (Asia Menor, na actual Turquía). É un dos santos máis antigos no culto hispánico, patrón de Vilafranca do Bierzo e titular en Galicia de catorce parroquias.
Chamáronse así
Frei Gabriel José López y Téllez (1579-1648), coñecido como Tirso de Molina, relixioso español que destacou como dramaturgo, poeta e narrador.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Thyrsus | |
Catalán | Tirs | |
Español | Tirso | |
Éuscaro | Tirtse | |
Tirtso | Tirtsa | |
Inglés | Thyrsus | |
Portugués | Tirso |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]