Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tomé, Tomasa
Nome cristián
Pronuncia
Tomé:
Tomasa:
Variantes
Masculinas Tomás
Etimoloxía e historia
Do latín eclesiástico Thomas, -ae, que reproduce o grego neotestamentario Thōmâs. A terminación -é do galego vén posiblemente dun antigo xenitivo. Thomâs é a transliteración do arameo t'ômâ', do hebreo tô'am.m 'xemelgos' e do árabe tau'am, tu'âm 'xemelgo'.
Motivación
San Tomé (século I), pescador en Galilea, foi un dos apóstolos de Cristo. O Evanxeo de san Xoán fálanos de que dubidou de que fose certa a resurrección do seu mestre ata que apalpou a chaga do seu costado. Segundo a tradición, predicou o Evanxeo na India.
San Tomé de Aquino (1225-1274), frade dominicano italiano, máximo representante da Escolástica, é considerado un dos maiores teólogos da Igrexa. Inicialmente estivo prohibido, pero ao final logrou o que daquela parecía imposible: conciliar a filosofía de Aristóteles co Evanxeo. Foi discípulo de santo Alberte o Magno e coma el profesor na Universidade de París. A súa obra principal foi a Summa Teologica, escrita nos últimos anos da súa vida. Canonizárono en 1323 e declarárono doutor da Igrexa en 1567.
Chamáronse así
Outros santos tiveron este nome, entre eles dous ingleses: san Thomas Becket (século XII), arcebispo primado de Canterbury que foi asasinado nesta catedral por orde do rei Henrique I; e san Thomas More (1478-1535), autor da Utopía (c. 1516), executado polo rei Henrique VIII por opoñerse ao seu divorcio.
Tamén o levaron Tommaso Campanella (1568-1639), filósofo italiano; Tommaso Albinoni (1671-1750), compositor italiano; Thomas Alva Edison (1847-1931), inventor estadounidense; Thomas S. Eliot (1888-1965), escritor inglés Premio Nobel de Literatura de 1948, entre outros.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Thomas | |
Bretón | Tomaz | |
Catalán | Tomàs | |
Español | Tomás | Tomasa |
Éuscaro | Tome | |
Tomas | Tomasi | |
Francés | Thomé | |
Thomas | ||
Inglés | Tommy (hip.) | |
Tom (hip.) | ||
Thomasina | ||
Thomas | Thomasin | |
Italiano | Tommaso | Tommasina |
Portugués | Tomás | Tomásia |
Tomé | ||
Romanés | Toma | |
Ruso | Foma |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]