Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Candeloria
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín candelarum 'das candeas', xenitivo de plural de candela 'candea', derivado de candeo 'arder'. Da forma Festum Candelarum 'festa das candeas' elaborou o pobo o nome Candeloria (ben documentada no uso e na rima dos refráns), que alterna co uso da forma posterior Candelaria, posiblemente por influxo castelán.
Motivación
Na Festa da Candeloria (2 de febreiro) o sacerdote durante a misa bendí as candeas e a xente lévaas despois para a casa, onde as utiliza para esconxurar os tronos ou poñérllelas na man aos que están ás portas da morte. A tradición simboliza tamén neste día a festa do amor e do apareamento de todo o reino animal: acaban as xaneiras dos gatos e casan os paxariños. Esta festividade tense relacionado con antigos ritos pagáns asociados aos ciclos de fertilidade, pois é o anticipo da primavera: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra”.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Candelària | |
Español | Candelaria | |
Italiano | Candelora | |
Portugués | Candelária |
Antes e despois de Candeloria
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]