Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Canuto
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
A forma latina Canutus, da que procede este nome, é unha adaptación ao latín medieval dun nome persoal escandinavo: Knut en sueco e Knud en dinamarqués, nomes hoxe moi frecuentes en Escandinavia. Parece ser que estas formas nórdicas están relacionadas co dinamarqués Knude, sueco knut, correspondentes co alemán Knoten 'nó, ligame'. Outros pensan que se trata dun préstamo do antigo ou medio alto alemán knûz 'altivo, orgulloso; afouto, audaz'.
Motivación
Canuto IV o Santo, rei de Dinamarca entre 1080 e 1086, encheu de privilexios a Igrexa e castigou duramente os que se opoñían a ela. Foi asasinado na igrexa de Santo Albano de Odense. Sería elevado a santo nacional de Dinamarca en parte para contrapoñelo politicamente a outros santos escandinavos, como santo Olavo de Noruega ou santo Eric de Suecia.
San Canuto Lavard (séculos XI-XII), príncipe de Dinamarca e duque de Schlewig (Alemaña), foi asasinado en 1131. Invócase contra a caída do cabelo.
Chamáronse así
Canuto Berea (1836-1891), músico e compositor da Coruña.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Knut | |
Catalán | Canut | Canuda |
Español | Canuto | |
Éuscaro | Kanuto | |
Italiano | Canuto | |
Noruegués | Knut | |
Portugués | Canuto |
Antes e despois de Canuto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]