Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Campio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome persoal latino Campius, derivado do latín campus, seguramente coa acepción ‘campo de exercicios militares’, ‘campo de batalla’.
Motivación
San Campio é un dos chamados santos catacumbais, como santa Minia e san Pexerto, que empezaron a ter culto en Galicia desde hai pouco máis de douscentos anos. Ao consideraren que todos os corpos enterrados nas catacumbas de Roma correspondían a mártires cristiáns, eclesiásticos e nobres galegos acabaron obtendo permiso para trasladalos a diversos lugares de Galicia, onde se lles acabou rendendo culto. San Campio, xunto con santa Minia, é o que tivo máis éxito popular, o máis venerado.
Contra 1774, o arcediago de Trastámara Xavier Celada conseguiu do papa Pío VI a doazón dun dos corpos depositados nas catacumbas de san Calisto de Roma. Escolleu un que poñía Campio (ou Kampio) na lápida e trasladouno á igrexa de Santo Ourente de Entíns (Outes). Despois argallóuselle unha haxiografía fabulosa: que era soldado —de aí que se convertese en Galicia en protector dos mozos que ían ao servizo militar—, o nome da súa esposa, que tivo tres fillos e que morreron todos martirizados durante as persecucións de Diocleciano.
Non só recibe culto en Outes, pois no Baixo Miño, en Figueiró (Tomiño), existe o santuario de San Campio “de Lonxe”, así denominado, que mesmo conta cun amplo albergue para peregrinos.
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Campio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]