Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cándido, Cándida
Nome cristián
Pronuncia
Cándido:
Cándida:
Hipocorísticos
Másculinos Canducho, Ducho, Canucho
Femininos Canducha, Ducha
Etimoloxía e historia
Do latín candidus 'branco, luminoso', e metaforicamente 'sereno; sincero; puro'. Era un cognome común na Roma imperial.
Motivación
San Cándido (século III) era oficial da Lexión Tebana, lugartenente de san Mauricio e foi decapitado con este e cos restantes lexionarios no Valais suízo.
Santa Cándida (século IV) foi unha virxe e mártir romana ou milanesa. Unha das compañeiras de santa Úrsula tamén tivo este nome.
En 1759 Voltaire publicou Cándido ou o optimismo.
Chamáronse así
Cándida Otero, a primeira fotógrafa de Pontevedra (1846-1915). Casada con Felipe Prósperi, á morte del continuou á fronte do estudio fotográfico como Viuda de Prósperi.
Cándido Fernández Mazas (1902-1942), pintor, debuxante, ilustrador, humorista gráfico e escritor galego. No ano 2020 a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dedicoulle o Día da Ilustración, celebrado o 30 de xaneiro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Candidus | Candida |
Bretón | Kaer | |
Catalán | Candi | Càndia |
Càndid | Càndida | |
Español | Cándido | Cándida |
Francés | Cándide | |
Italiano | Candido | Candida |
Portugués | Candinha (hip.) | |
Cândido | Cândida | |
Romanés | Candid | |
Ruso | Candid | Candida |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Cándido
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]