Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Caridade
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Caridade:
Etimoloxía e historia
Do latín cáritas (ac. caritatem) 'amor'. Na moral cristiá é unha das virtudes chamadas teologais.
Motivación
Santa Caridade era irmá de santa Fe e de santa Esperanza, fillas de santa Sofía, que as bautizara cos nomes das tres virtudes teologais. As tres sufriron martirio en Agen ou en Rodez (Francia), para uns en tempos do emperador Hadriano (século II), para outros baixo Diocleciano (anos 303-304).
En Flariz, no val de Monterrei, venérase a Nosa Señora da Caridade, avogosa dos ollos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Charis | |
Charitas | ||
Catalán | Caritat | |
Español | Caridad | |
Éuscaro | Karitate | |
Francés | Charité | |
Inglés | Charity | |
Portugués | Caridade |
Antes e despois de Caridade
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]