Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Caralampio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Pode vir do grego khará 'alegría' e lámpein 'brillar': 'que resplandece de alegría', mais non figura ningún santo con tal nome no santoral romano.
Motivación
San Caralampio é un dos chamados “santos extravagantes”, venerados polo pobo pero que non figuran no santoral romano. Ao parecer, foi mártir en Antioquía no século V. Celébrase a súa festa no barrio compostelán de Vista Alegre e tamén na illa da Toxa (O Grove).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Caralampi | |
Español | Caralampio |
Antes e despois de Caralampio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]