Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Camiño
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome orixinado nunha advocación mariana, pero tamén evocador do Camiño de Santiago. A palabra vén do latín vulgar camminus 'camiño', que ten procedencia céltica (emparentada co irlandés céimm e o galés cam 'paso') e desprazou as palabras latinas via 'estrada' e iter 'viaxe'.
Motivación
O santuario máis coñecido é o da Virgen del Camino, patroa de León, situado no Camiño francés a Compostela a poucos quilómetros da capital leonesa; segundo a lenda, houbo unha aparición milagrosa da Virxe neste lugar en 1505.
Como nome propio é frecuente nos diversos lugares polos que pasa algunha das vías xacobeas e nos cales hai ou houbo unha igrexa e hospital destinados a atender os peregrinos. En Galicia hai igrexas dedicadas á Virxe do Camiño en Muros, Pontevedra e na propia cidade de Santiago, no tramo derradeiro do Camiño francés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Camí | |
Español | Camino | |
Éuscaro | Bidane |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Camiño
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]