Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Camilo, Camila
Nome mitolóxico
Pronuncia
Camilo:
Camila:
Etimoloxía e historia
A forma latina Camillus, de onde provén este nome, era, amais dun nome de persoa, un substantivo común, un termo técnico da linguaxe relixiosa que significaba 'rapaz de condición non servil que asistía nos sacrificios'. Segundo parece, este termo deriva do nome dunha antiga divindade etrusca, Camillus, correspondente ao grego Hermes ou ao latino Mercurio. Foi frecuente como cognome de moita xente da gens Furia, como Marco Furio Camilo, vencedor de Veio e liberador de Roma dos celtas.
Motivación
Na mitoloxía clásica, Camila era filla do rei Metabo, que a ofreceu a Diana, deusa da caza. Viviu nunha fraga cazando, fíxose amazona e loitaría contra o troiano Eneas. A súa figura inspirou a Virxilio e a Corneille.
San Camilo de Lelis (1550-1614) naceu nos montes Abruzos italianos. Era oficial do exército e adicto ao xogo. Caeu ferido e abandonou a milicia polo sacerdocio. Fundou en Roma en 1585 os Clérigos Regulares dos Enfermos (orde dos camilos).
Chamáronse así
Os escritores Camilo Castelo-Branco (1852-1908), portugués, Camilo González Suárez-Llanos (1931-2008), Camilo Gonsar, membro de número da Real Academia Galega, e o galego en lingua castelá Camilo José Cela (1916-2002), Premio Nobel de Literatura 1989; o deseñador e debuxante ferrolán Camilo Díaz Baliño (1889-1936); o escultor vigués Camilo Nogueira Martínez (1904-1982) e os revolucionarios Camilo Cienfuegos (1932-1959), cubano, e Camilo Torres (1929-1966), sacerdote español e guerrilleiro colombiano.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kamill | |
Catalán | Camil | Camilo |
Español | Camilo | Camila |
Éuscaro | Kamilo | |
Kamil | Kamille | |
Francés | Camille | |
Inglés | Camillus | Camilla |
Italiano | Camillo | Camilla |
Portugués | Camilo | Camila |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Camilo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]