Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xunqueira
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Xunqueira:
Etimoloxía e historia
Do nome común xunqueira 'terreo pantanoso en que predominan os xuncos, da familia das xuncáceas'. Deriva de xunco, que procede do latín iuncus.
Motivación
É un nome con certa presenza na comarca de Fisterra. A Virxe da Xunqueira é a patroa de Cee. Segundo unha tradición local, apareceu nunha xunqueira da ría unha imaxe de madeira da Virxe, que seguramente fora tirada ao mar por algún barco en apuros. Déronlle o nome de Virxe da Xunqueira ou A Aparecida e naquel sitio construíron unha ermida, que co tempo se convertería nunha igrexa dedicada a Santa María.
En época baixomedieval conviviron en terras do actual concello de Cee dúas parroquias: unha interior, San Paio de Refoxos, e outra litoral, Santa María da Xunqueira, que foi a que se acabaría impoñendo a partir do século XVI unha vez que a veciñanza xa lle perdera o medo aos perigos que viñan do mar. O moderno hospital comarcal de Cee tomou o nome de Hospital Virxe da Xunqueira.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Junquera | |
Español | Junquera | |
Portugués | Junqueira |
Antes e despois de Xunqueira
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]