Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xustino, Xustina
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Iustinus, xentilicio de Iustus.
Motivación
San Xustino o Filósofo (100-165) vinculárase inicialmente ao platonismo e despois, en Éfeso, entrou no cristianismo. Máis tarde abriu escola filosófica en Roma. Foi o primeiro que tentou harmonizar a razón coa teoloxía cristiá, da que é considerado fundador. Denunciado por cristián, morreu decapitado.
Santa Xustina de Nicomedia era unha virxe cristiá de gran beleza; o meigo Cibrán —non se confunda co san Cibrán de Cartago— namorouse dela e quíxoa seducir invocando o demo, e, ao non conseguilo, queimou os seus libros de meiguerías e converteuse ao cristianismo; ambos serían decapitados no ano 304 en Nicomedia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Justinus | Justina |
Catalán | Justí | Justina |
Español | Justino | Justina |
Éuscaro | Justino | Justina |
Justin | Justiñe | |
Francés | Justin | Justine |
Inglés | Justin | Justina |
Italiano | Giustino | Giustina |
Portugués | Justino | Justina |
Romanés | Iustin | Iustina |
Ruso | Ustin |
Antes e despois de Xustino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]