Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xusto, Xusta
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Continuación do nome latino de época imperial Iustus, do adxectivo común iustus, derivado de ius 'dereito'. Para os cristiáns tiña o sentido engadido de 'que está na fe xusta, que se axusta á rectitude cristiá'.
Motivación
Segundo a tradición, san Xusto e san Pastor eran dous nenos de oito e trece anos, respectivamente, alumnos da escola de Complutum (Alcalá de Henares), que foron martirizados na persecución de Diocleciano (303-304). Son dos santos máis antigos do culto hispánico.
Santa Xusta e santa Rufina eran dúas irmás sevillanas, fillas dun oleiro, que, segundo a tradición, se negaron a vender obxectos de barro para as festas dos deuses pagáns, polo que sufrirían martirio na época de Diocleciano. Tamén son das santas máis antigas do culto hispánico (século VI).
En Galicia é popular a romaría de Santa Xusta de Moraña, onde a invocan para curar endemoñados.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Justus | Justa |
Catalán | Just | Justa |
Español | Justo | Justa |
Éuscaro | Justa | |
Justiñe | ||
Zuzen | Zuzene | |
Justi | Juste | |
Francés | Just | Juste |
Inglés | Justus | Justa |
Italiano | Giusto | Giusta |
Portugués | Justo | Justa |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Xusto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]