Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xustiniano
masculino
Personaxe histórico
Véxase Xusto
Etimoloxía e historia
Do latín Iustinianus, derivado de Iustinus, e este de Iustus.
Motivación
Xustiniano, emperador de Oriente (482-565), foi o último emperador que intentou reconstruír o Imperio romano ao completo, o dos tempos de Teodosio, para o que emprendeu campañas militares de conquista no Mediterráneo —en Italia, no norte de África, no sur de Hispania...— acompañadas dunha grande obra lexislativa, o Codex Iustinianus, codificación do dereito romano que influiría no dereito medieval. Foi un home de gran capacidade de traballo, pero tamén moi ambicioso. A Igrexa ortodoxa venérao como santo; non así a latina, que conta con dous santos co mesmo nome, un do século II e outro do VI.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Justiniano | |
Inglés | Justinian | |
Portugués | Justiniano |
Antes e despois de Xustiniano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]