Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zaida
feminino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Nome árabe derivado do verbo Zaada 'crecer, medrar': 'a que creceu', ou ben feminino de Zaíd, antropónimo masculino.
Motivación
A princesa moura Zaida, casada cun xa ancián Afonso VI de León, Castela e Galicia, foi a nai do príncipe Sancho, destinado a herdar os tres reinos, pero este morreu con 13 anos na batalla de Uclés (1108), e a sucesora foi a súa irmá máis vella, Orraca I.
Tamén levaba este nome a moura —filla de Ben-Selim— da ópera Dom Sébastien, Roi de Portugal (1843), do italiano Gaetano Donizetti, con libreto en francés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Zaida | |
Español | Zaida | |
Portugués | Zaida |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Zaida
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]