Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zaqueu
masculino
Nome bíblico
Véxase Zacarías
Etimoloxía e historia
De orixe semítica, transmitíusenos coa forma latina Zacchaeus e a grega Zakchaios, correspondente ao nome persoal hebreo Zakkai que aparece no Antigo Testamento e mais nos Evanxeos. Interpretouse como 'puro' (zak 'puro'), e polo tanto relacionado coa raíz verbal zkh 'ser puro'. Non obstante, parece máis probable que isto sexa unha etimoloxía popular e que o hebreo Zakkai sexa unha forma hipocorística do nome Zekharyâh que deu lugar a Zacarías e que significa 'Deus lembrouse'.
Motivación
Zaqueu, segundo o Evanxeo de Lucas, era un rico publicano de baixa estatura que subiu a un sicómoro para ver pasar a Xesús. Este mandoulle baixar e parou na súa casa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zachäus | |
Catalán | Zaqueu | |
Español | Zaqueo | |
Francés | Zachée | |
Inglés | Zacchaeus | |
Italiano | Zaccheo | |
Portugués | Zaqueu |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]