Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zita
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Cita
Etimoloxía e historia
Do italiano zita, antiga variante toscana de citta 'rapaza, moza'.
Motivación
Santa Zita (século XIII) foi unha humilde criada que entrou a servir na casa dunha familia rica de Lucca (Italia). Cóntase que daba grandes esmolas aos necesitados sen que minguasen os celeiros dos seus señores; trátase dunha lenda semellante á de santa Casilda.
Chamáronse así
Zita de Borbón-Parma, nada en Lucca en 1892, a última emperatriz (consorte) do Imperio Austrohúngaro, esposa de Carlos I de Austria e IV de Hungría; só reinou dous anos, de 1916 a 1918.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zita | |
Catalán | Zita | |
Español | Zita | |
Éuscaro | Zite | |
Francés | Zite | |
Inglés | Sitha | |
Zita | ||
Italiano | Zita | |
Portugués | Zita |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]