Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zoraida
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Do árabe, diminutivo de Zarádat 'argola', probablemente co valor metafórico de 'suxeición', 'muller cativadora'. Outros din que a raíz árabe é o verbo zarada 'escoller, elixir', cun derivado *zuraidâ que parece un diminutivo, de aí 'a mellor, a escollida'.
Motivación
Cervantes relata nos capítulos 39, 40 e 41 da primeira parte do Quixote (1605) as peripecias de Zoraida, unha princesa árabe que quere fuxir de Arxel e facerse cristiá axudada por un cativo cristián, talvez transunto do propio escritor. O nome tamén se difundiu, máis preto dos nosos días, grazas ao teatro e á ópera Zoraide di Granata (1822), de G. Donizetti, e Ricciardo e Zoraide (1818), de G. Rossini.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zoraide | |
Español | Zoraida | |
Francés | Zoraïde | |
Inglés | Zoraide | |
Italiano | Zoraide | |
Portugués | Zuraida |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]