Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zoilo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Zōḯlos, de Zōē 'vida': 'vital' ou 'vivaz'.
Motivación
Zoilo foi un sofista grego do século IV a. C. que escribiu un tratado que tiña como obxectivo buscar as contradicións en que caera Homero na Ilíada e na Odisea, polo que lle puxeron o alcume de Homeromástix ‘fustrigador de Homero’.
San Zoilo foi un adolescente martirizado en Córdoba durante a persecución de Diocleciano (303-304) xunto con outros dezanove cristiáns. É dos santos máis antigos do culto hispánico (século V).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zoyl | |
Catalán | Zoile | |
Zoil | ||
Español | Zoilo | |
Éuscaro | Zoilo | |
Zoil | Zoila | |
Francés | Zoïle | |
Portugués | Zoilo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]