Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zoé
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Zoe
Etimoloxía e historia
Do grego Zōē 'vida', forma usada polos xudeus alexandrinos para traduciren con Zoé o nome de Eva, e máis tarde como nome cristián polos gregos bizantinos.
Motivación
Houbo dúas mártires en Roma con este nome: unha do século II, que foi martirizada xunto co seu compañeiro e dous fillos; e outra que sufriu martirio durante a persecución de Diocleciano (ano 303).
Na novela La battaglia di Benevento (1827), de Francesco Guerrazzi, Zoé é a filla do rei Manfredo de Sicilia (século XIII).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zoe | |
Catalán | Zoè | |
Español | Zoé | |
Zoe | ||
Francés | Zoé | |
Inglés | Zoe | |
Zoë | ||
Italiano | Zoe | |
Portugués | Zoé | |
Zoe | ||
Romanés | Zoe | |
Ruso | Zoia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]