Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zeus
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Zeus 'deus supremo', equivalente ao Xúpiter dos romanos.
Motivación
Na mitoloxía grega, Zeus é o pai dos deuses, o deus supremo do Olimpo, fillo de Rea e do titán Cronos. Despois de loitar polo control do mundo contra os seus irmáns, correspóndelle a el o goberno do ceo —e dos fenómenos atmosféricos— e a xefatura dos deuses, a Posidón o mar e a Hades o mundo subterráneo. Dirixe o universo como un todo harmonioso que inclúe as relacións entre os homes e os deuses. Aínda que a súa esposa foi Hera, non tiña con ela moi boas relacións e as súas infidelidades eran frecuentes. En Roma identificárono con Xúpiter.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zeus | |
Español | Zeus | |
Éuscaro | Zeus | |
Francés | Zeus | |
Inglés | Zeus | |
Italiano | Zeus | |
Portugués | Zeus |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]