Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zenón
masculino
Nome mitolóxico
Variantes
Masculinas Cenón
Etimoloxía e historia
Do grego Zḗnōn, forma abreviada de diversos nomes, como Zēnódotos 'dado por Zeus' e Zēnódōros 'regalo de Zeus'. Zeus é na mitoloxía grega o Iuppiter da latina, o deus da luz e do día, o xefe dos deuses.
Motivación
Houbo varios filósofos na antigüidade helénica con este nome; o de máis sona foi Zenón de Elea (século V a. C.), coñecido polo seu argumento sobre a imposibilidade do movemento baseado no exemplo de Aquiles e a tartaruga.
San Zenón de Verona (século IV), africano de nacemento, foi bispo desta cidade italiana, á que segundo din salvou de grandes inundacións. É patrón de Verona, onde se ergueu na súa honra unha gran basílica, xoia do estilo románico (século XII).
Chamáronse así
O personaxe de máis sona con este nome foi Zenón de Somodevilla y Bengoechea, marqués de la Ensenada, conselleiro de estado nos reinados de Filipe V, Fernando VI e Carlos III, coñecido polo catastro que leva o seu nome —iniciado en 1750—, pero tamén pola chamada Gran Redada (1749), que pretendía o exterminio do pobo xitano.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zeno | |
Catalán | Zenon | |
Zenó | ||
Español | Zenón | |
Éuscaro | Zenon | |
Francés | Zénon | |
Inglés | Zeno | |
Italiano | Zenone | |
Zeno | ||
Portugués | Zeno | |
Zenão |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]