Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zacarías
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Antigo nome bíblico que, a través do latín Zacharias procede do hebreo Zekharyâh, un dos numerosos nomes teofóricos da lingua hebrea. Na segunda parte (-yah) hai unha abreviatura do nome do Deus de Israel (Yahvé), e a primeira contén a raíz verbal zakhar 'lembrarse, recordar', é dicir: 'Deus lembrouse'. Este nome poñíaselles aos meniños para dar grazas a Deus por se 'lembrar' do desexo dos pais de ter un fillo.
Motivación
No Antigo Testamento, Zacarías (século VI a. C.) foi o penúltimo dos profetas menores; tratou de reconstruír o templo de Xerusalén e anunciou a chegada dun Mesías humilde.
No Novo Testamento, san Zacarías de Xerusalén é o esposo de santa Sabela e pai de san Xoán Bautista. Era sacerdote do templo e quedou mudo cando o arcanxo san Gabriel lle anunciou que lle nacería un fillo ao final da súa vida, pois non daba creto. Houbo tamén un san Zacarías papa (741-752).
Este é o nome do protagonista da novela Fra Vernero (1934) de Otero Pedrayo.
Chamáronse así
O prusiano Zacharias Werner (1768-1823) foi poeta, dramaturgo e predicador.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zacharias | |
Catalán | Zacaries | |
Español | Zacarías | |
Éuscaro | Zakarias | |
Zakari | ||
Francés | Zacharie | |
Inglés | Zechariah | |
Zachary | ||
Zachariah | ||
Italiano | Zaccaria | |
Portugués | Zacarias | |
Romanés | Zaharia | |
Ruso | Zahar |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Zacarías
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]