Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xuvenal
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do latín Iuvenalis 'xuvenil', derivado de iuvenis 'mozo'. Xa en latín era antropónimo.
Motivación
O poeta latino Decimus Iunius Iuvenalis (c. 50-c. 140?) fora desterrado a Exipto. De vello escribiu dezaseis sátiras, das que se conservan quince, en que critica os costumes da sociedade romana do seu tempo, que consideraba corrompida. A el débeselle o significado que hoxe ten a palabra ‘satírico’ e os soados sintagmas panem et circenses, mens sana in corpore sano e rara avis.
O santo que leva este nome foi bispo en Narni, na Umbria (Italia), no século IV.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Juvenal | |
Catalán | Juvenal | |
Español | Juvenal | |
Éuscaro | Juvenal | |
Francés | Juvénal | |
Inglés | Juvenal | |
Italiano | Giovenale | |
Portugués | Juvenal |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]