Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xulio, Xulia
Personaxe histórico
Pronuncia
Xulio:
Xulia:
Etimoloxía e historia
Do latín Iulius 'orixinario da gens Iulia', á que pertenceron, entre outros, César e Augusto. A forma Iulius procede de Iuilius, probable adaptación de *iouilios 'de Xúpiter', divindade suprema do panteón romano, Iovis en latín arcaico (procedente dunha raíz *diou 'a divindade, o ceo'). Desta maneira unha das familias máis nobres de Roma aparecía relacionada coa máxima divindade do Olimpo. Pola súa parte, Iuppiter é contracción de dius pater 'deus pai', derivado da raíz indoeuropea dieu 'divindade e ceo'.
Chamáronse así
Os membros de número da Real Academia Galega Julio Sigüenza (1898-1965), xornalista e escritor, e Julio Francisco Ogando (1913-2005), profesor e escritor.
Xulio Formoso (1949-2018), cantante galego-venezolano, fundador do grupo Rajatabla (1971).
Julia Minguillón (1906-1965), natural de Lugo, pintora de estilo figurativo, de temática paisaxista e costumista; a súa obra máis coñecida é Escola de Doloriñas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Julius | Julia |
Catalán | Juli | Júlia |
Español | Julio | Julia |
Éuscaro | Julia | |
Juli | Jule | |
Francés | Jules | Julie |
Inglés | Julius | Julia |
Italiano | Giulio | Giulia |
Portugués | Júlio | Júlia |
Romanés | Iuliu | |
Ruso | Iulii | Iulia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]