Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xudite
feminino
Nome bíblico
Variantes
Etimoloxía e historia
Do hebreo Yehudit 'xudía, hebrea', adaptado ao grego e ao latín como Judith ou Iudith.
Motivación
No relato bíblico (o Libro de Xudite), Xudite era unha viúva moi fermosa que durante o asedio da cidade xudía de Betulia polas tropas de Nabucodonosor de Babilonia, conseguiu introducirse na tenda de Holofernes, o xeneral babilonio. Por medio da súa sabedoría e beleza logra seducilo, emborráchao e despois córtalle a cabeza cunha espada. Grazas a esta arriscada acción, o exército babilónico retira o asedio e Betulia recupera a liberdade.
Para os hebreos foi unha heroína, e o nome de Xudite (‘a xudía’) personifica a resistencia do pobo de Israel á opresión; non obstante, nin existiu a cidade de Betulia nin se documenta ningún xeneral Holofernes.
A fazaña desta muller inspirou pintores —sobre todo a escena da decapitación de Holofernes—, músicos (Arthur Honneger na ópera Judith, 1925) e dramaturgos (Jean Giraudoux na traxedia do mesmo nome, 1931).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Judith | |
Catalán | Judit | |
Español | Judith | |
Judit | ||
Éuscaro | Judir | |
Francés | Judith | |
Inglés | Judy (hip.) | |
Judith | ||
Italiano | Giuditta | |
Portugués | Judite |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]