Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xudas
masculino
Nome cristián
Véxase Tadeu
Etimoloxía e historia
Do hebreo Yehudah 'león', ou ben 'loanza (de Deus)', a través do grego Ioúdas.
Motivación
A pesar de ser un nome levado por un apóstolo, Xudas Tadeu non tivo difusión pola súa coincidencia con Xudas Iscariote, o traidor a Xesús. O nome víñase utilizando popularmente nas maldicións (“voto a Xudas” ou “voto a Xuncras”; “Xudas / Xuncras me valla”) e nos insultos: chamarlle “Xudas” a alguén é consideralo un traidor.
No Antigo Testamento houbo tamén un Xudas Macabeo, que a mediados do século II a. C. encabezou unha rebelión xudía contra o rei seléucida Antíoco IV Epifanes de Siria. Foi a revolta dos Macabeos, fillos do sacerdote Matatías, considerados heroes polos xudeus. Fálase dela no Libro dos Macabeos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Judas | |
Catalán | Judes | |
Español | Judas | |
Éuscaro | Judas | |
Juda | ||
Francés | Jude | |
Inglés | Jude | |
Judas | ||
Italiano | Giuda | |
Portugués | Judas |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]