Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xosué
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Xosué:
Véxase Xesús
Etimoloxía e historia
Do hebreo Ye'oxua, de onde tamén procede Xesús, que significa 'Deus é a salvación'.
Motivación
Segundo o libro do Éxodo da Biblia, Xosué, fillo de Nun, foi escolleito para suceder a Moisés e dirixir a ocupación dos israelitas da chamada terra prometida do país de Canaán. Morto Moisés, atravesou o río Xordán, fixo caer as murallas de Xericó e obtivo unha vitoria sobre os amorreos, para a que precisou mandar parar o Sol e prolongar a luz do día.
Neste relato bíblico basearíase a xerarquía da Igrexa católica e doutras confesións xudeocristiás para sosteren como dogma que a Terra era o centro do universo e que era o Sol o que se movía arredor dela (teoría xeocéntrica). Deste xeito, consideráronse heréticos todos os científicos que defendían o contrario: que é o Sol o centro (teoría heliocéntrica) e que é a Terra a que xira. É de sobra coñecida a abxuración forzada de Galileo Galilei en 1633, ameazado coa fogueira pola Inquisición.
Chamáronse así
Josué Pais García (1937-1957), revolucionario cubano, fillo de pai e nai orixinarios de Marín.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Joshua | |
Catalán | Josuè | |
Español | Josué | |
Éuscaro | Josue | |
Francés | Josué | |
Holandés | Jozua | |
Inglés | Joshua | |
Italiano | Giosue | |
Portugués | Josué |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]