Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xosafate
masculino
Nome bíblico
Variantes
Masculinas Xosafat
Etimoloxía e historia
Do hebreo Yehoxafat, que pasou ao grego e ao latín como Iosaphat. Deriva de Yah(weh) 'Iavé' e xafat 'xulgar': 'Deus xulgou'.
Motivación
Chamáronse así varios persoeiros do Antigo Testamento, entre eles o rei Xosafat de Xudá, que reinou entre os anos 873 e 849 a. C. A Biblia dálle bo trato, pois non servira a deuses estranxeiros. Foi contemporáneo de Axab, Ococías e Xoram, reis de Israel.
San Xosafat Kuntsevych (c. 1580-1623), foi bispo de Polossk (Lituania) e canonizado en 1867.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Jehoschaphat | |
Catalán | Josafat | |
Español | Josafat | |
Francés | Josaphat | |
Inglés | Josaphat | |
Jehoshaphat | ||
Italiano | Giosafatte | |
Portugués | Josafate |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]