Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xulieta
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Do italiano Giulietta, diminutivo de Giulia (Xulia), popularizado grazas á traxedia Romeo e Xulieta de William Shakespeare.
Motivación
Xulieta é con Romeu a protagonista dunha historia difundida por W. Shakespeare nunha traxedia (Romeo and Juliet) estreada en 1594, pero que xa era coñecida na antigüidade clásica, e mesmo Dante tivera coñecemento dela.
Na obra shakespeariana, unha moza e un mozo da cidade de Verona, pertencentes a familias rivais —os Capuletos e os Montescos—, namóranse e atopan a oposición dos seus pais e familiares. A trama, que remata coa morte dos amantes, inspirou numerosos compositores como Benda, Zingarelli, Bellini, Berlioz, Strauss ou Prokofiev, e a cineastas como Cukor, Robert Wise ou Zeffirelli.
Chamáronse así
A cantante francesa Juliette Gréco (1927-2020) e como sobrenome Giulia Anna Masina ‘Giulietta Masina’ (1921-1994), actriz italiana. Tamén fora o sobrenome de Julienne Gauvain ‘Juliette Drouet’ (1806-1883), actriz francesa compañeira de Victor Hugo.
Julieta Gómez Paz (1905-1995), escritora e tradutora arxentina de orixe galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Juliette | |
Julitta | ||
Catalán | Julieta | |
Español | Julieta | |
Francés | Julitte | |
Juliette | ||
Italiano | Giulitta | |
Giulietta | ||
Portugués | Julieta | |
Romanés | Julieta |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]