Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Orestes
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Oréstēs 'da montaña, montañés', derivado de óros 'montaña'.
Motivación
Na mitoloxía grega Orestes é fillo de Agamenón, rei de Micenas, e de Clitemnestra. Cando era un neno, Agamenón sufriu un intento de asasinato á súa volta da guerra de Troia por Clitemnestra e Existo. Axudado pola súa irmá Electra puido fuxir da morte e refuxiarse na Fócida. Anos despois volveu a Micenas e, coa axuda de Electra, matou a súa nai e a Existo, e liberou a súa irmá Ifixenia, prisioneira de Artemisa na Táuride. Por asasinar a nai, sería perseguido polas Furias e fuxiu a Delfos, onde o purificou Apolo. Os xuíces acabarían absolvéndoo, co apoio de Atenea. Orestes aplica na vinganza a antiquísima lei do Talión.
A figura de Orestes foi importante fonte de inspiración literaria: a Orestíada de Esquilo, Ifixenia en Tauris de Eurípides, o Oreste de Voltaire, A Orestiada de A. Dumas, Ifixenia en Tauris de Goethe, As moscas de Jean-Paul Sartre e, finalmente, Un hombre que se parecía a Orestes (1968), obra en castelán de Álvaro Cunqueiro. Orestes é tamén unha obra de teatro de Arcadio López-Casanova (1963).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Orestes | |
Catalán | Orestes | |
Español | Orestes | |
Éuscaro | Orestes | |
Francés | Oreste | |
Inglés | Orestes | |
Italiano | Oreste | |
Portugués | Orestes | |
Romanés | Oreste | |
Ruso | Orest |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]