Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Onésimo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego onḗsimos 'útil, proveitoso', a través do nome latino Onesimus.
Motivación
Santo Onésimo era un escravo de Filemón, un cristián frixio amigo de san Paulo que fuxira buscando a liberdade. Paulo atópao en Roma e faino cristián; despois devólvello ao seu amo insinuándolle que non o trate como un escravo, senón como un irmán. Neste documento (Carta a Filemón) vemos como san Paulo unicamente recomenda un trato humano cara aos escravos, pero non se mostra en contra da escravitude.
Chamáronse así
Onésime Reclus (1837-1916), xeógrafo francés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Onesimus | |
Catalán | Onèsim | |
Español | Onésimo | |
Éuscaro | Onesimo | |
Francés | Onésime | |
Inglés | Onesimus | |
Italiano | Onésimo | |
Portugués | Onésimo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Onésimo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]