Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Azucena
feminino
Apelativo
Pronuncia
Azucena:
Véxase Susana
Etimoloxía e historia
Do árabe açuçena ou As-susana 'lirio'. O nome establece unha relación metafórica con base na brancura e na pureza da flor. É tamén unha advocación da Virxe María. Como nome de orixe semítica é un par léxico de Susana.
Chamáronse así
Azucena Villaflor (1924-1977), activista social arxentina cofundadora da asociación das Nais de Praza de Maio, dedicada a buscar os “desaparecidos” durante a ditadura militar arxentina.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Assutzena | |
Español | Azucena | |
Éuscaro | Azuzena | |
Portugués | Açucena |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Azucena
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]