Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Avelino, Avelina
Personaxe histórico
Pronuncia
Avelino:
Avelina:
Etimoloxía e historia
Do apelido do santo da Lucania Andrés Avelino (en italiano Andrea Avellino), procedente da cidade de Avellino, na Campania, onde abundaban as abelás: o nome latino destes froitos (nuces abellanae) deriva, precisamente, da rexión italiana de Abella (hoxe Avella).
Motivación
Santo André Avelino (século XVI) estudou Dereito na Universidade de Nápoles e entraría despois na Orde dos Clérigos Regulares, coñecidos como teatinos.
Chamáronse así
En Galicia, Avelino Cachafeiro (1899-1972), famoso gaiteiro de Soutelo de Montes, e os escritores Avelino Abuín de Tembra (1931-2009) e Avelino Pousa Antelo (1914-2012).
Na forma feminina, a estradense Avelina Valladares Núñez (1825-1902), unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita; tamén utilizou o galego nos seus poemas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Aveŀlí | Aveŀlina |
Español | Avelino | Avelina |
Éuscaro | Abelin | Abeliñe |
Francés | Aveline | Aveline |
Inglés | Hazel | |
Italiano | Avellino | |
Portugués | Avelino | Avelina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]