Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aureliano
masculino
Nome cristián
Véxase Aurelio
Etimoloxía e historia
Do latín Aurelianus 'relativo a Aurelio'.
Motivación
Santo Aureliano de Arles (499-551) foi bispo desta cidade francesa. É invocado contra a xordeira, pola asociación popular do étimo Aurelius do seu nome ao da orella (lat. auricula < auris).
Puxo o nome na literatura contemporánea o escritor colombiano Gabriel García Márquez co seu personaxe do coronel Aureliano Buendía da novela Cien años de soledad (1967).
Chamáronse así
Aureliano Pardo Villar, nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón, o 13 de xaneiro de 1957, foi un relixioso dominico e escritor, membro de número da Real Academia Galega.
Aureliano José Pereira de la Riva (Lugo, 1855 - Madrid, 1906), xornalista e escritor, máximo representante do republicanismo federal en Galicia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aurelian | |
Catalán | Aurelià | |
Español | Aureliano | |
Éuscaro | Aureliano | |
Francés | Aurélien | |
Inglés | Aurelian | |
Italiano | Aureliano | |
Portugués | Aureliano | |
Romanés | Aurelian | Aureliana |
Ruso | Avrelian |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]