Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aurora
feminino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Aurora:
Hipocorísticos
Femininos
Auri, Aurichu
Etimoloxía e historia
Do latín Aurora, deusa romana da alba; as primeiras hipóteses facíana derivar de aurum 'ouro', pola cor do ceo no amencer; non obstante, parece ter unha raíz indoeuropea que se ve representada no grego aúrion 'mañá'.
Motivación
Na mitoloxía grega e romana, Aurora é unha deusa irmá de Helio (o Sol) e Selene (a Lúa) que pertence á primeira xeración divina (a dos Titáns). Tivo amores con Ares, o que lle ocasionou a xenreira de Afrodita, que a castigou a estar eternamente namorada.
Hai tamén unha santa Aurora, venerada xunto con san Brandán na illa de Man, unha das nacións celtas.
Chamáronse así
Amantine Aurore Dupin era o verdadeiro nome de George Sand (1804-1876), escritora francesa que no seu tempo escandalizou a sociedade por vestir de home e por ter vida íntima con varios homes célebres, entre eles o músico Chopin, e talvez con algunha muller.
Aurora Gil (1919-2008), nada na Coruña, foi unha pintora, autora e modelo de calendarios e pósters publicitarios en México durante o século XX.
Aurora Liste Forján (1916-1984), leiteira de Calo (Teo), sindicalista e irmá de Manuela Liste Forján e de Enrique Líster.
Aurora Pereira Carballo ‘Aurichu Pereira’(1940-2023), natural de Santiago de Compostela, pintora, música, deseñadora de moda e militante nacionalista galega
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aurora | |
Catalán | Aurora | |
Español | Aurora | |
Éuscaro | Goizargi | |
Goizane | ||
Aurora | ||
Francés | Aurore | |
Inglés | Aurora | |
Italiano | Aurora | |
Portugués | Aurora | |
Romanés | Aurora | |
Ruso | Avrora |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]