Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Baia
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Baia:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do grego Eulalía 'elocuente, que fala ben' (eû 'ben' e laleîn 'falar'). En galego houbo diversas variantes deste nome que perviven nos títulos das parroquias e nos apelidos. As formas enxebres deron lugar a apelidos galegos como Santalla, Santabaia ou Santoalla. Numerosas parroquias que hoxe corren como Santa Eulalia figuran en documentación que chega ao século XV como Santa Alla ou Santa Balla.
Motivación
Santa Baia (séculos III-IV) foi mártir en Mérida ou en Barcelona, pois as dúas cidades disputaron a súa procedencia; trátase da mesma persoa, pois coinciden na lenda, na idade e no tipo de martirio. En todo caso é a santa con culto máis antigo na Península Ibérica. En Galicia está bastante espallado, talvez pola antiga relación da Gallaecia con Emérita Augusta (Mérida), a capital da Lusitania.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eulalia | |
Catalán | Laia | |
Eulàlia | ||
Español | Eulalia | |
Éuscaro | Laia | |
Eulari | ||
Eulali | ||
Eulalia | ||
Eulale | ||
Olaia | ||
Francés | Eulalie | |
Inglés | Eulalia | |
Italiano | Eulalia | |
Outro | Olalla | |
Portugués | Eulália |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Baia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]