Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Balbino, Balbina
Nome cristián
Pronuncia
Balbino:
Balbina:
Etimoloxía e historia
Do latín Balbinus, nome de familia romana derivado de Balbus 'tatexo'.
Motivación
Santa Balbina (século II) foi unha virxe romana filla do tribuno san Quirino; é invocada para a curación do bocio, debido a que fora curada dese mal polo papa Alexandre I.
A forma masculina non ten santo. Deulle certa popularidade en Galicia o protagonista da novela Memorias dun neno labrego (1961), de Xosé Neira Vilas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Balbí | Balbina |
Español | Balbino | Balbina |
Éuscaro | Balbino | |
Balbin | Balbina | |
Francés | Balbine | |
Italiano | Balbina | |
Portugués | Balbino | Balbina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Balbino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]