Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Baldomero, Baldomera
Nome cristián
Pronuncia
Baldomero:
Hipocorísticos
Másculinos Mero
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica, formado polas raíces góticas *balth ‘audaz, valente’ e mêreis ‘famoso’.
Motivación
San Baldomero (século VII) era ferreiro de Lión (Francia), oficio que abandonou para facer estudos relixiosos, cos que chegou a ser ordenado subdiácono. Foi contemporáneo doutro ferreiro, santo Eloi.
Chamáronse así
Baldomero Cores Trasmonte (Cee 1929 - Santiago 2014), xurista, sociólogo e escritor.
Durante o século XIX tivo moito protagonismo militar e político en España o xeneral Baldomero Espartero (1793-1879).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Baldomer | |
Español | Baldomero | |
Italiano | Baldomero | |
Portugués | Baldomero |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Baldomero
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]