Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Baltasar, Baltasara
Nome bíblico
Pronuncia
Baltasar:
Etimoloxía e historia
Nome asirio: Belshazzar, que significa 'que Bel (o deus Baal) protexa o rei'. Na Vulgata aparece baixo a forma Baltassar.
Motivación
Hai un Baltasar no Antigo Testamento bíblico, fillo e herdeiro de Nabucodonosor de Babilonia (séculos VI a. C.), a quen castigou Iavé coa perda e división do seu reino a mans dos medos e dos persas por profanar nunha orxía (“A esmorga de Baltasar”) os vasos sagrados do templo de Xerusalén. É a figura do anticristo na simboloxía cristiá.
No Novo Testamento, Baltasar, segundo o evanxelista Mateu, é un dos tres “magos” —que posteriormente se transformarían en “reis”— que viñeron de Oriente guiados por unha estrela para adorar o neno Xesús, que acabara de nacer en Belén.
A viaxe de Baldassare (2000) é unha coñecida obra do escritor franco-libanés Amin Maalouf, que narra a historia de Baldassare Embiaco, xenovés asentado no Líbano no século XVII.
Chamáronse así
Popularizaron este nome escritores como o italiano Baldassare Castiglione (1478-1529) ou o español Baltasar Gracián (1601-1658).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Balthasar | |
Catalán | Baltasar | |
Español | Baltasar | |
Éuscaro | Baldasar | |
Baltasar | ||
Francés | Balthasar | |
Inglés | Balthasar | |
Italiano | Baldassare | |
Baldassarre | ||
Portugués | Baltazar | |
Baltasar | ||
Romanés | Baltazar |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Baltasar
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]