Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Basilio, Basilia
Nome cristián
Pronuncia
Basilio:
Basilia:
Etimoloxía e historia
Nome de orixe grega: Basíleios 'rexio', adxectivo de Basileús 'rei'.
Motivación
San Basilio o Grande (328-379) é un dos catro padres da Igrexa grega. Naceu na Capadocia e redactou a regra dos monxes basilianos, a única orde monástica que existe na Igrexa grega, regra que aproveitaría san Bieito, fundador do monaquismo de Occidente.
Hai outro san Basilio, o benaventurado, pobre que andaba espido pola xélida Rusia; a el está dedicada a grande igrexa da Praza Vermella de Moscova, construída por Iván o Terrible.
Santa Basilia foi unha santa galaica, segundo a tradición.
Lembramos a novela O primo Basilio (1878), do escritor portugués Eça de Queirós.
Chamáronse así
O pintor ruso Vasily Kandinsky (1866-1944). En Galicia foi famoso o crego ourensán Basilio Álvarez (1877-1943), xornalista e político, líder do movemento agrario galego das primeiras décadas do século XX. Basilio Losada Castro (A Pobra de San Xiao - Láncara 1930 - Barcelona 2022), tradutor, crítico literario e catedrático de Fliloloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Barcelona; Cruz de San Jordi da Generalitat de Cataluña, Medalla Castelao da Xunta de Galicia e académico de honra da Real Academia Galega (2015). Tamén foi galardoado polos gobernos de Portugal e do Brasil.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Basilius | |
Catalán | Basili | Basília |
Español | Basilio | |
Éuscaro | Basilli | Basille |
Basilio | Basilia | |
Basili | Basile | |
Francés | Basilie | |
Basile | Vassili | |
Inglés | Basil | |
Italiano | Basilio | |
Portugués | Basílio | |
Romanés | Vasile | |
Ruso | Vasilii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Basilio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]