Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bautista
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Bautista:
Etimoloxía e historia
Do latín Baptista, do grego Baptistés 'o que bautiza', alcume de san Xoán por ser el quen bautizou a Xesús.
Motivación
San Xoán Bautista, chamado “o Precursor” (c. 5 a. C. - c. 30 d. C.), era fillo de Zacarías e Isabel. Naceu seis meses antes ca o seu curmán Xesús de Nazaré. De mozo retirouse ao deserto, onde viviu con austeridade. Apareceu despois no val do río Xordán predicando a chegada do Mesías. Bautizou a Xesús nese mesmo río e, por denunciar a unión incestuosa de Herodes Antipas coa súa sobriña Herodías, morrería decapitado a pedimento de Salomé, filla desta última, que, como premio a unha danza que realizara, lle pediu a Herodes a cabeza do Bautista.
Chamáronse así
Bautista Álvarez (1933-2017), político galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Baptist | |
Catalán | Baptista | |
Español | Bautista | |
Éuscaro | Ugutz | Uguzne |
Batista | Batiste | |
Francés | Baptiste | |
Inglés | Baptist | |
Italiano | Battista | |
Portugués | Baptista | |
Bautista |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Bautista
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]