Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Belarmino
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Belarmino:
Hipocorísticos
Másculinos Belarmo
Etimoloxía e historia
Do apelido toscano Bellarmino; apelido do xesuíta italiano san Roberto Bellarmino (1542-1621). Podería proceder de Bell'arma 'arma boa' ou ser unha variante de Guglielmino (Guillermiño).
Motivación
San Roberto Belarmino (1542-1621) foi polemista e teólogo. Formou parte do tribunal inquisitorial que condenou á fogueira a Giordano Bruno en 1599 e tamén do primeiro proceso contra Galileo (1616). Foi declarado doutor da Igrexa en 1931.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Belarmin | |
Catalán | Bel∙larmí | |
Español | Belarmino | |
Francés | Bellarmin | |
Inglés | Bellarmine | |
Italiano | Bellarmino | |
Portugués | Belarmino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Belarmino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]