Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Begonia
feminino
Apelativo
Etimoloxía e historia
Nome dunha flor de orixe americana. O vocábulo procede do apelido francés Bégon, do político francés, intendente de San Domingos, a quen o botánico francés Charles Plumier quixo honrar dándolle ese nome, begonia, a esa coñecida familia de plantas de pequenas flores de cor rosa. É un dos moitos nomes de flores que se aplican como nomes propios a mulleres.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Begonia | |
Catalán | Begònia | |
Español | Begonia | |
Francés | Begonia | |
Inglés | Begonia | |
Italiano | Begonia | |
Portugués | Begónia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Begonia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]