Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Baudilio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
A orixe deste nome é discutida: algunhas hipóteses sinalan a súa orixe xermánica (ou ben bald 'audaz, vitorioso', ou ben baud 'alegre'); outras apuntan que é un nome céltico.
En Galicia tense relacionado tamén con este nome San Boulo, a advocación de Caaveiro, cando en realidade este remonta ao nome latino Baudŭlus ou Baudĭlus (os dous con acentuación esdrúxula).
Motivación
San Baudilio (séculos III-IV) é un enigmático personaxe que debeu vivir en Nimes (Francia), onde foi decapitado (aínda que tamén se di que fora el quen matara un pagán dunha machetada). En España é famoso o santuario de San Baudilio de Berlanga (Soria) polas súas pinturas e a súa arquitectura.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Boi | |
Baldiri | ||
Baudili | ||
Español | Baudilio | |
Éuscaro | Baudili | |
Italiano | Baudelio | |
Portugués | Baudílio |
Antes e despois de Baudilio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]