Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Beltrán
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Procede dun nome francés ou catalán, Bertrand, composto polas raíces góticas bairths ‘claro, brillante; célebre, famoso’ e *rand ‘beira do escudo’.
Motivación
San Beltrán (séculos XI-XII) foi bispo de Comminges no Languedoc (Francia). Reconstruíu a igrexa de Comminges sobre as ruínas da cidade romana anterior.
Bertrand du Guesclin (século XIV) foi un mercenario bretón que por orde do rei de Francia participou na guerra civil pola coroa de Castela entre Pedro I e Henrique de Trastámara, ao lado deste último. Disque fora el quen, no combate singular dos campos de Montiel entre os dous irmáns, interviñera para axudar fisicamente o Trastámara, poñéndoo por encima, mentres pronunciaba a frase “Eu non quito nin poño rei, pero axudo o meu señor”.
Beltrán de la Cueva (1443-1492) foi un nobre andaluz da corte do rei Henrique IV de Castela a quen se lle atribuíu a paternidade de Xoana, a filla do rei e herdeira lexítima do trono, razón pola que esta foi alcumada “la Beltraneja” polos partidarios da futura Isabel a Católica.
Chamáronse así
Bertrand Russell (1872-1970), filósofo, matemático e escritor británico, Premio Nobel de Literatura de 1950.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Bertrant | |
Bertram | ||
Catalán | Bertran | |
Español | Bertrán | |
Beltrán | ||
Éuscaro | Beltran | |
Francés | Bertrand | |
Inglés | Bertram | |
Portugués | Beltrão | |
Bertrão |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Beltrán
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]