Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Benvido, Benvida
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Formado por composición do adverbio ben e o participio do verbo vir; nome medieval de bo agoiro para un fillo esperado.
Motivación
San Benvido (século XIII) foi bispo de Osimo (Italia). Beata Benvida (Benvenuta Boiani) foi unha monxa terciaria da orde dominicana, morta en Cividale del Friuli (Cividât del Friul, en friulano) en 1292.
Chamáronse así
Benvenuto Cellini. famoso escultor, ourive e escritor italiano do século XV.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Bienvenu | |
Catalán | Benvingut | |
Español | Bienvenido | Bienvenida |
Italiano | Benvenuto | Benvenuta |
Portugués | Benvindo | Benvinda |
Antes e despois de Benvido
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]